Edizioni Piemme
Aparencia
Edizioni Piemme | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1982 |
Organización matriz | Gruppo Mondadori |
Sede | Segrate |
País | Italia |
Na rede | |
http://www.edizpiemme.it | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Edizioni Piemme é unha editorial italiana especializada en libros de relixión, así como en ficción infantil e xuvenil. Fundada no ano 1982 en Casale Monferrato,[1] dende outubro de 2003 forma parte do grupo Mondadori,[2] o cal adquiriu o 70% das súas accións cun custo de €14,104 millóns. Entre as súas publicacións con máis sona están as sagas infantís de Ulysses Moore e Century de Pierdomenico Baccalario, e as obras de Khaled Hosseini, autor de O cazador de papaventos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vigini, Giuliano (1992). "Editore". En Istituto Treccani. Enciclopedie on-line. V appendice. Consultado o 26 de febreiro de 2018.
- ↑ Edizioni Piemme. "Chi siamo". www.edizpiemme.it (en italiano). Consultado o 19 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en italiano)