Edmundo Moure Rojas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1941 ![]() Santiago de Chile ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, editor literario ![]() |
![]() ![]() |
Edmundo Rafael Moure Rojas, nado en Santiago de Chile o 4 de febreiro de 1941, é un escritor chileno.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Cándido Moure Rodríguez, galego oriundo de Vilaquinte (Carballedo) emigrado a Arxentina en decembro de 1924 e definitivamente a Chile en 1933, e Fresia Rojas Ramírez, chilena de Valparaíso. Foi presidente da Sociedad de Escritores de Chile (1988-1989). Creou o Centro de Estudios Gallegos na Universidade de Chile. En xullo de 1999 realizou o curso avanzado de galego no Instituto da Lingua Galega, e dende 2001 rexenta a Cátedra Galicia da Universidade Santo Tomás de Santiago de Chile. Foi Director Cultural do Lar Gallego de Chile. En 1985 participou como relator no Congreso “Rosalía de Castro e o seu Tempo”. En 1997 obtivo en Galicia un premio polo seu ensaio Chiloé y Galicia, Confines Mágicos.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Ciudad crepuscular, 1981.
- Más allá del pan, 1982.
- Instantáneas, 1983.
- Rebeca, 1986.
- Entresiglos y quimeras, 1994.
- Oraciones tardías, 2007.[1]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Tres veces siete, 1984.
- La voz de la casa, 1985.
- Gente de la Tierra, 1987.
- Cuentos y poemas del mundo minero, 1997.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Antología de la poesía contemporánea chilena, 1987.
- Palabras de Sur a Norte, 2004.
- Chiloé y Galicia confines mágicos, 2009.