Eduardo Acevedo Vásquez
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1857 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Morte | 1948 ![]() |
Educación | Universidade da República ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado, historiador, catedrático ![]() |
Empregador | Universidade da República ![]() |
Familia | |
Fillos | Eduardo Acevedo Álvarez ![]() |
Pai | Eduardo Acevedo Maturana ![]() |
![]() |
Eduardo Acevedo Vásquez, nado en 1857 en Buenos Aires e finados en 1948 en Montevideo, foi un avogado, historiador e político uruguaio.
Familia
[editar | editar a fonte]Fillo de Eduardo Acevedo Maturana e de Joaquina Vásquez Fernández,[1] foi ademais dobre curmán de Alfredo Vásquez Acevedo e cuñado de José Pedro Varela. Casado en 1888 con María Manuela Álvarez Susviela, tiveron catro fillos: Eduardo (parlamentario, director do diario El Día e dúas veces ministro de Facenda), Manuela, Carmen e Miguel Alberto.
Carreira
[editar | editar a fonte]Eduardo Acevedo Vásquez alternou múltiples profesións como avogado, director do xornal El Siglo e catedrático de Economía Política á vez que foi un notable historiador. Así mesmo ocupou varios cargos públicos de relevancia, como o de reitor da Universidade da República (1904-1906), ministro de Industrias (1911-1913), director do Banco da República Oriental do Uruguai (1914-1924), director xeral de Ensinanza Primaria (1925-1929) e primeiro presidente de ANCAP (1931-1933).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "GeneAll.net - Eduardo Acevedo y Maturana" (en castelán).
- ↑ "Los notables Acevedo.". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 16 de setembro de 2012.