Eduardo Amador Corzo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Monforte de Lemos, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Eduardo Amador Corzo, coñecido como Corzo, nado en Monforte de Lemos cara a 1898, foi un político socialista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Agustín Amador e Josefa Corzo. Veciño de Montefurado. Militante do PSOE. Foi elixido concelleiro de Quiroga nas eleccións do 12 de abril de 1931.[1] Presentouse ás eleccións municipais do 31 de maio de 1931 e foi elixido concelleiro ao ser o candidato máis votado no distrito de Montefurado.[2] Tomou parte nos actos de protesta contra o alcalde monárquico de Quiroga Julio Maseda Cadórniga a principios de 1933.[3] Participou na folga xeral revolucionaria de 1934, foi procesado por movementos sediciosos,[4] e por delito contra os medios de comunicación por medio de explosivos con Marcelino Fernández Prada e Álvaro Novas Rodríguez.[5] Permaneceu fuxido até a amnistía decretada trala vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936, cando retornou a Quiroga, sendo recibido en San Clodio de Ribas de Sil xunto con Juan Tizón Herreros e Ramón Somoza Álvarez.[6] Participou nos actos do 1 de maio en Quiroga,[7] e en mitins socialistas como o de Vilar de Lor en maio de 1936.[8]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. Foi procesado por rebelión na causa 98/37 xunto con José Campos, Julián Mateo e Félix Crespo Mondelo, publicándose en abril de 1937 unha requisitoria contra eles.[9] Foi expedientado por responsabilidades políticas en 1938,[10][11] e indultado do resto da sanción en 1961.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 7-5-1931, p. 9.
- ↑ BOP Lugo, 6-6-1931, p. 3.
- ↑ Luz, 6-2-1933, p. 12.
- ↑ BOP Lugo, 23-10-1934, p. 4.
- ↑ BOE, 8-12-1934
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 5-5-1936, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-5-1936, p. 14.
- ↑ BOP Lugo, 8-4-1937, p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 16-12-1938, p. 1.
- ↑ BOP Lugo, 3-2-1939, p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 5-9-1961, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2007). Memoria(s) de Marcelino Fernández Prada. Un alcalde socialista e revolucionario. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-177-3.
- Souto Blanco, María Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1938-1940). Sada: Do Castro. pp. 52–54. ISBN 84-7492-891-5.