Eduardo Macía Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Morte | outubro de 1905 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, empresario, político ![]() |
Eduardo Macía Rodríguez, finado en Madrid en outubro de 1905[1], foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Originario de Vilamartín de Valdeorras. Estableceuse en Ourense. Rexistrador da propiedade. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Bande nas eleccións de 1884. Exerceu de Comisario Regio de Agricultura (1884-1886) e foi membro do Consejo Provincial de defensa contra la filoxera establecido en 1891. Viticultor, conseguiu unha Medalla de Ouro polos seus viños na Exposición Regional de Lugo de 1896. Preocupado pola mellora da viticultura, promoveu en 1889 unha sociedade de vinicultores para agrupar a "todos los cosecheros de la provincia" e ofreceu un premio de 100 pesetas a quen presentase nos Xugos Florais de Ourense de 1901 "la cartilla que contenga más y mejores reglas fijas para el cultivo de la vid americana". Foi conselleiro da sucursal do Banco de España en Ourense.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Correspondencia Gallega, 11-10-1905, p. 3.