Saltar ao contido

Eduardo Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo Otero
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor en Wikidata
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Padrón
1979 – 1983
← José Ferrón MartínezJesús Villamor Calvo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, político, aparellador Editar o valor en Wikidata

Eduardo Otero González, nado en Padrón en 1947 e finado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 2024, foi un construtor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aparellador e dono da empresa de constución Otegón S. L. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato da UCD á alcaldía de Padrón,[1] e logrou a vitoria con 4 concelleiros, co que foi elixido alcalde como candidato da forza máis votada.[2] Concorreu ás municipais de 1983 encabezando unha formación independente, e daquela perdeu a alcaldía en favor do candidato de Alianza Popular Jesús Villamor Calvo, con quen empatou a 4 concelleiros pero con menos votos.

Pasou a formar parte de Coalición Galega, se ben volveu a concorrer como independente nas eleccións de 1987, cando conseguiu tan só 2 concelleiros fronte á ampla maioría absoluta de AP. En 1991 encabezou a candidatura do CDS, onde só foi el elixido coma concelleiro, retirándose defintivamente da política tras ese mandato.


Predecesor:
José Ferrón Martínez
 
Alcalde de Padrón
 
1979 - 1983
Sucesor:
Jesús Villamor Calvo

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casara, enviuvara, e tivera 3 fillos[3].

  1. Redacción (7 de abril de 2015). "Cuando "O Sacho" era culpable de todo (lo malo) en Padrón". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2023. 
  2. La Voz de Galicia, 20-4-1979, p. 40.
  3. López, Uxía (2024-11-12). "Fallece a los 77 años el primer alcalde democrático de Padrón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-11-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]