Saltar ao contido

Eduardo Pardo de Guevara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eduardo Pardo de Guevara y Valdés»)
Modelo:BiografíaEduardo Pardo de Guevara

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Eduardo Pardo de Guevara y Valdés Editar o valor en Wikidata
14 de setembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Ponteceso, España Editar o valor en Wikidata
Profesor de investigación do CSIC
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1085257 BUSC: pardo-de-guevara-y-valdes-eduardo-jose-1952 Dialnet: 28176

Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, nado o 14 de setembro de 1952 en Ponteceso, é un historiador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou en Guadalaxara e Xaén e doutorouse en 1984 en Historia Medieval pola Universidade Complutense de Madrid.[1]

Foi profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (1994-2022) e director de Cuadernos de Estudios Gallegos,[2]. Actualmente é Científico vinculado ad honorem do IEGPS e vicepresidente da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, membro do Consello da Cultura Galega,[3] membro da Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía[4] e académico correspondente desde 1993 da Real Academia da Historia pola provincia de Lugo.[5]

A súa bibliografía é abondosa.[2][4] Inclúen artigos seus, entre outras publicacións, o Boletín da Real Academia Galega, os Cuadernos de Estudios Gallegos, Murguía: Revista Galega de Historia, El Museo de Pontevedra, Eduga: Revista Galega do Ensino e o Anuario Brigantino.[6]

É membro do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia.

En 2023 concedéronlle o Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural.[7]

Obra publicada

[editar | editar a fonte]
  1. Xornal ABC do 24 de setembro de 1984 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 Eduardo J. Pardo de Guevara y Valdés Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. na páxina do Consello Superior de Investigacións Científicas.
  3. Seccións e Comisións Técnicas do Consello da Cultura Galega.
  4. 4,0 4,1 "Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  5. "Académicos correspondentes da Real Academia de la Historia". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2009. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  6. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés en Dialnet.
  7. Os Premios da Cultura Galega recoñecen Yolanda Castaño e Ponte... nas Ondas!

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]