Murguía (revista)
Murguía | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 2003 |
Circulación | |
ISSN | 1696-9197 |
OCLC | 961118625 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Murguía. Revista Galega de Historia, chamada así en referencia á Manuel Murguía, un dos historiadores máis sobranceiros de e sobre Galicia, é unha publicación semestral editada en Santiago de Compostela inicialmente baixo os auspicios da Asociación Galega de Historiadores e do grupo Colectivo Murguía, e na actualidade polo Instituto Galego de Historia. Está dirixida polo doutor en Historia Contemporánea Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e coordenada pola doutora en Historia Medieval Alexandra Cabana Outeiro, fundadores da publicación.
Comezou a súa andaina no ano 2003, tendo publicados 36 volumes até finais de 2018. O seu ISSN é 1696-9197 e o seu depósito legal é C-1640-2003. Inicialmente cunha periodicidade cuadrimestral, desde 2012 edítase cada seis meses.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A revista Murguía dedica o seu último número aos exilios". Sermos Galiza. 9/1/2018. Arquivado dende o orixinal o 18/01/2018. Consultado o 18/01/2018.