Eduardo Parga Veiga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (59/60 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Malpica de Bergantiños | |
2021 – ← Walter Pardo Añón | |
Alcalde de Malpica de Bergantiños | |
2011 – 2019 ← José Ramón Varela Rey – Walter Pardo Añón → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Malpica de Bergantiños |
Ocupación | político |
Eduardo Parga Veiga,[1][2] nado en 1965, é un político galego do PPdeG
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 2003 foi elixido concelleiro en Malpica de Bergantiños pola Agrupación Veciñal de Electores de Malpica (AVE), a cal encabezaba o expopular José Manuel Vila e foi a segunda forza máis votada tralos socialistas de José Ramón Varela Rey. Finalmente estableceuse un pacto de goberno cos socialistas e pasou a ocuparse da concellería de cultura e deportes. Volveu a ser elixido concelleiro por AVE en 2007, situándose nesta ocasión na oposición. A comezos de 2009 regresou cos seus compañeiros ao PPdeG, sendo nomeado José Manuel Vila novo líder da formación conservadora. Porén, tralo falecemento de Vila en febreiro de 2011 asumiu o liderado do PPdeG na localidade.
Desta forma foi o candidato á alcaldía polo PPdeG nas eleccións municipais de 2011, conseguiu a vitoria e foi elixido alcalde grazas ao apoio de Alfredo Cañizo, concelleiro de AIM,[3] co cal pasou a gobernar en coalición. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 2015. Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría e a alcaldía, que foi para Walter Pardo Añón do PSdeG-PSOE[4] ó contar co apoio do BNG e de Cañizo (entón candidato de Ciudadanos). Porén, trala ruptura do pacto de goberno con Cañizo, en setembro de 2021 presentou unha moción de censura que contou co apoio deste último e o devolveu á alcaldía. Nas municipais de 2023 mantivo os resultados da anterior ocasións, ó igual que os demais grupos, polo que mantivo a alcaldía[5] co apoio de Alfredo Cañizo, nesta ocasión de volta coas siglas de AIM.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome de Eduardo na páxina do concello Malpica de Bergantiños
- ↑ Nome de Eduardo na páxina Ayuntamiento.es
- ↑ Longueira, Toni (2011-06-12). "Malpica abre una nueva etapa con Eduardo Parga de regidor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-12-19.
- ↑ Concello de Malpica de Bergantiños na FEGAMP
- ↑ Longueira, Toni (10 de xullo de 2023). "El alcalde de Malpica, Eduardo Parga, cobrará 43.500 euros brutos al año, y las edilas Marisol Blanco y Noelia Freijeiro, 20.000 cada una". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: José Ramón Varela Rey |
Alcalde de Malpica de Bergantiños 2011 - 2019 |
Sucesor: Walter Pardo Añón |
Predecesor: Walter Pardo Añón |
Alcalde de Malpica de Bergantiños 2021 - actualidade |
Sucesor: no cargo |