Saltar ao contido

Eduardo Pazo Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo Pazo Álvarez
Biografía
Nacemento25 de maio de 1904 Editar o valor en Wikidata
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de outubro de 1971 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsConcepción Pazo Álvarez Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7364

Eduardo Pazo Álvarez, nado na Estrada o 25 de maio de 1904 e finado en Cidade de México o 23 de outubro de 1971, foi un mestre galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na Estrada en 1904,[1] fillo da mestra Emilia Alvarez Silva e de Pelayo Pazo Alvarez. Foi mestre do Salto (Rodeiro) e dende 1928 da Somoza (A Estrada). Foi elixido presidente da Asociación de Mestres da Estrada en 1933.[2]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse auxiliado pola familia ata que logrou saír por Portugal rumbo a Cuba, onde se exiliou. Foi reclamado polo comandante xuíz eventual de Pontevedra xunto con outros veciños da Estada en agosto de 1936.[3] Foi destituído a finais de agosto de 1936,[4] sufriu expediente de depuración e foi suspendido de emprego e soldo.[5]

Na Universidade da Habana acadou a licenciatura en Pedagoxía e foi mestre en Santiago de Cuba. Coa caída de Batista en 1959, embarcou para México. Residiu en Cidade de México e volveu ser mestre. Finou en México en 1971.[6]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou na Estrada con María Concepción López Parapar en agosto de 1930,[7] e foi pai de Adela Pazo López.

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 89. 
  2. El Emigrado, 31-12-1933, p. 10.
  3. El Pueblo Gallego, 28-8-1936, p. 7.
  4. El Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 2.
  5. El Noticiero Gallego, 11-5-1940, p. 2.
  6. Segundo outras informacións finou na Habana a principios de 1972. El Pueblo Gallego, 2-5-1972, p. 8.
  7. El Emigrado, 31-7-1930, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]