Eduardo Quiroga Pérez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Banga, España |
Morte | 7 de xullo de 1921 O Carballiño, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Jorge Quiroga García |
Pai | Pedro Antonio Quiroga |
Irmáns | José Quiroga Pérez de Deza |
Eduardo Quiroga Pérez de Deza, nado en Banga (O Carballiño) e finado no Carballiño o 7 de xullo de 1921, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pedro Antonio Quiroga e María Asunción Pérez de Deza Pinal e irmán de José Quiroga Pérez de Deza, que casou con Emilia Pardo Bazán. Casou con Mª Purificación Reinoso en 1872, finada en 1875 sen descendencia, e en segundas nupcias con María del Carmen García del Hoyo Pardo, e foi pai de Jorge Quiroga García[1]. Foi elixido deputado polo distrito do Carballiño en 1872. Volveu ser elixido polo mesmo distrito nas elección de 1884.