Eduardo Rey Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1948 (76 anos) Vilariño, España |
Alcalde de Cuntis | |
1983 – 21 de xuño de 2005 (dimisión) ← José Antonio González Ameijeiras – Fátima Monteagudo Pereira → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Eduardo Rey Rodríguez, nado en Vilariño (Cuntis) o 3 de outubro de 1948, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a formación Socialistas Independentes de Cuntis (escisión socialista da localidade) e foi elixido alcalde de Cuntis grazas a un pacto co PSdeG-PSOE, formación á cal regresaría pouco tempo despois. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG e foi reelixido alcalde por maioría absoluta, de igual maneira que conseguiría nas municipais de 1991 e 1995.
Nas municipais de 1999 gañou novamente, pero sen maioría absoluta, polo que foi reelixido como cabeza de lista máis votado. Nas municipais de 2003 recuperou a maioría absoluta, acordando co partido a súa retirada a metade de mandato. Finalmente, dimitiu o 21 de xuño de 2005.[1] En agosto dese mesmo ano recibiu unha homenaxe por parte dos seus compañeiros de partido.[2]
En abril de 2006 foi inhabilitado por 8 anos pola concesión dunha obra sen pasala polo pleno.[3] Porén, a Audiencia Provincial absolveuno en setembro dese mesmo ano.[4]
Predecesor: Moisés González Ameijeiras |
Alcalde de Cuntis 1983 - 2005 |
Sucesor: Fátima Monteagudo Pereira |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Rey Rodríguez, Eduardo". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.