Edurne Portela
![]() (2021) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Edurne Portela Camino ![]() 1974 ![]() Santurtzi, España ![]() |
Residencia | Madrid ![]() |
Educación | Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (–2003) Universidade de Navarra - historia (–1997) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, filoloxía, Latino literature (en) ![]() ![]() |
Ocupación | escritora, filóloga, historiadora, profesora universitaria ![]() |
Empregador | Universidade Lehigh (pt) ![]() Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (1997–2001) ![]() |
Premios | |
Sitio web | edurneportela.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Miren Edurne Portela Camiño, nada en Santurtzi (Biscaia) en 1974, é unha historiadora, filóloga, docente universitaria, ensaísta e novelista vasca en lingua española.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Historia pola Universidade de Navarra (1997), ampliou estudos nos Estados Unidos de América, país no que tamén desenvolveu a súa carreira profesional como profesora e investigadora. Cursou unha mestría en Literaturas Hispánicas (1999) e un doutoramento en Literatura Española e Latinoamericana (2003), ambos na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (Carolina do Norte), sendo profesora asociada (1999-2001) desta.
En 2003 trasladouse á College of Arts and Sciences da Universidade de Lehigh (Pensilvania), onde ao longo de trece anos compaxinou o seu traballo de docencia, como profesora asociada (2003-2008), coa xestión académica na dirección do Humanities Center (Centro de Humanidades) (2008-2014) e de Iniciativas Internacionais (2013-2014) do College of Arts and Sciences.[2]
En 2010 cofundou a Asociación Internacional de Literatura y Cine Españoles Siglo XXI (ALCESXXI), sendo vicepresidenta (2010-2016) e membro do consello editorial da Revista de ALCES XXI.
En 2016 finalizou a súa carreira académica nos Estados Unidos e regresou a España, con obxecto de dedicarse por completo á escritura, mediante a publicación de obras de ensaio e novela e a colaboración en medios de comunicación impresos e dixitais, como La Marea, El Correo, El País, RNE e a Cadena SER.
En 2018 recibiu o premio Mellor Libro de Ficción pola súa obra Mejor la ausencia, outorgado polo Gremio de Librerías de Madrid na súa 18ª edición.[3]
Tanto na súa obra como novelista como nos seus ensaios, Edurne Portela aborda e investiga a temática da violencia en diferentes vertentes, desde a violencia vivida na sociedade vasca durante o auxe de ETA[4] (El Eco de los Disparos) á violencia cotiá das relacións tóxicas (Formas de estar lejos).[5][6]
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Portela Camino, Miren Edurne. Displaced Memories: The Poetics of Trauma in Argentine Women Writers. Lewisburg (Pensilvania): Bucknell University Press, 2009. ISBN 978-0-8387-5732-1.
- Portela Camino, Miren Edurne. El eco de los disparos: cultura y memoria de la violencia. Barcelona: Galaxia Gutenberg SL, 2016. ISBN 978-84-16734-11-5; ISBN 978-84-16734-34-4.
Novela
[editar | editar a fonte]- Portela Camino, Miren Edurne. Mejor la ausencia. Barcelona: Galaxia Gutenberg SL, 2017. ISBN 978-84-17088-12-5; ISBN 978-84-17088-39-2.
- Portela Camino, Miren Edurne. Formas de estar lejos. Barcelona: Galaxia Gutenberg SL, 2019. ISBN 978-84-17747-10-7; ISBN 978-84-17747-42-8.
- Portela, Edurne. Los ojos cerrados. Barcelona: Galaxia Gutenberg SL, 2021. ISBN 9788418526206.[7]
Artigos científicos
[editar | editar a fonte]- Portela Camino, Miren Edurne. «Hijos del Silencio: Intertextualidad, paratextualidad y postmemoria en La voz dormida de Dulce Chacón». En: Revista de Estudios Hispánicos, 2007, vol. 41, pp. 51-71.
- Portela Camino, Miren Edurne. «Writing (in) Prison: The Discourse of Confinement in Lidia Falcón’s En el infierno». En: Arizona Journal of Hispanic Cultural Studies, 2007, vol. 11, pp. 121-136.
- Portela Camino, Miren Edurne. «Cicatrices del trauma: cuerpo, exilio y memoria en Una sola muerte numerosa de Nora Strejilevich». En: Revista Iberoamericana, ene.-mar. 2008, vol. 74, n. 222, pp. 71-84.
- Portela Camino, Miren Edurne. «“Como escritor no me interesa tomar partido”: Felix Bruzzone y la memoria anti-militante». En: A Contracorriente. Una Revista de Historia Social y Literatura de América Latina, pri. 2010, vol. 7, n. 3, pp. 168-184.
- Portela Camino, Miren Edurne. «El espectro y la memoria en Cielos de barro de Dulce Chacón». En: Anales de Literatura Española Contemporánea, 2011, vol. 36, n. 1, pp. 187-207.
- Portela Camino, Miren Edurne. «Despertar del letargo: Literatura vasca contra la indiferencia y el silencio». En: Revista de Estudios Hispánicos, 2013, vol. 47, n. 3, pp. 417-442.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Edurne Portela" (en castelán). Consultado o 2021-03-12.
- ↑ "Edurne Portela: «‘Duelo’, de Halfon, es un libro sutil, reflexivo, poético»" (en castelán). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2019.
- ↑ Lucas, Miguel Ángel Ortega (23 de novembro de 2018). "Los premios de la comunidad lectora de Madrid". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 24 de novembro de 2018.
- ↑ ""La sociedad vasca ha sido silenciosa". Entrevista con Edurne Portela" (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2019.
- ↑ Press, Europa (8 de marzo de 2019). "Edurne Portela habla de las relaciones tóxicas en 'Formas de estar lejos': "La violencia siempre produce silencio"". Consultado o 24 de setembro de 2019.
- ↑ Andrés Seoane (2019-03-08). "Edurne Portela: "Hay violencias tan íntimas que a veces ni las reconocemos" | El Cultural" (en castelán). Consultado o 2021-03-12.
- ↑ Niebla, Rocío (2021-04-19). "Edurne Portela, escritora: "No poder decirle a tu jefe cuatro cositas por miedo a que te despidan y quedarte en la puta calle también es violencia"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-04-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gehman, Geoff. «Putting More Humanity into Humanties. Humanities Center Director Edurne Portela Has Made the Center a Model Forum/Laboratory for Interdisciplinary Projects». En: Acumen. The Magazine of Lehigh University's College of Arts and Sciences, oto. 2013, pp. 18-19.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Edurne Portela (en castelán).
- Edurne Portela en TEDxVitoriaGasteiz: Los fantasmas que nos acompañan. (en castelán).