Edward Dodwell
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1767 ![]() Dublín ![]() |
Morte | 13 de maio de 1832 ![]() Roma ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda ![]() |
Educación | Trinity College ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor , escritor , debuxante , arqueólogo ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Edward Dodwell, nado o 30 de novembro de 1767 e finado o 13 de maio de 1832, foi un pintor, viaxeiro e escritor irlandés sobre arqueoloxía.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Bazar_of_Athens.jpg/240px-Bazar_of_Athens.jpg)
Familia e formación[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Dodwell_Parthenon_2.jpg/240px-Dodwell_Parthenon_2.jpg)
Dodwell naceu en Irlanda e pertencía á mesma familia que Henry Dodwell, o teólogo.[1] Estudou no Trinity College de Cambridge.[2]
Carreira[editar | editar a fonte]
Dodwell viaxou de 1801 a 1806 a Grecia, que entón formaba parte do Imperio Otomán, e pasou o resto da súa vida na súa maior parte en Italia, en Nápoles e Roma. Morreu en Roma polos efectos dunha enfermidade contraída en 1830 durante unha visita de exploración ás montañas Sabinas. A viúva de Dodwell, filla do conde Giraud e trinta anos menor que el, fíxose posteriormente famosa como a "fermosa" condesa de Spaur, e xogou un papel considerable na vida política da cidade papal.
Dodwell publicou A Classical and Topographical Tour through Greece (1819), do que apareceu unha tradución ao alemán en 1821; Vistas en Grecia (Views in Greece), con trinta láminas de cores (1821); e Vistas e descricións de restos cíclopes ou pelásxicos en Italia e Grecia (Views and Descriptions of Cyclopian or Pelasgic Remains in Italy and Greece, Londres e París, con texto francés, 1834).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Dodwell, Henry ; Dictionary of Irish Biography". www.dib.ie (en inglés). Consultado o 2023-01-23.
- ↑ "Dodwell, Edward. Adm. Fell.-Com. (age 18) at TRINITY, Apr. 11, 1795. [Only] s. of Edward, of Banbury, Essex.". venn.lib.cam.ac.uk (en inglés). Consultado o 2023-01-23.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edward Dodwell ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Edward Dodwell |