Edward Turner Bennett
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1797 Londres, Reino Unido |
Morte | 21 de agosto de 1836 (39 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | zoólogo, ictiólogo, médico |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Bennett |
Familia | |
Irmáns | John Joseph Bennett |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) |
Edward Turner Bennett, nado en Hackney (Londres), o 6 de xaneiro de 1797 e finado o 21 de agosto de 1836 en Londres, foi un médico, zoólogo e escritor inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo prácticas de cirurxía, pero o seu principal interese sempre foi a zooloxía. En 1822 intentou establecer unha sociedade de entomoloxía, que máis adiante se convertería nunha sociedade de zooloxía cunha certa conexión coa Sociedade linneana de Londres. Este foi o comezo da Zoological Society of London, da cal Bennett foi secretario entre 1831 e 1836.
Entre as súas obras destacan The Tower Menagerie (1829) e The Gardens and Menagerie of the Zoological Society (1831). Tamén escribiu, xunto con G. T. Lay, a sección sobre peixes na obra Zoology of Beechey's Voyage (1839).
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]Na súa honra dedicáronse as seguintes especies:[1]
- Abrocoma bennettii Waterhouse, 1837
- Gazella bennettii Sykes, 1831
- Civeta de Bennett Cynogale bennettii Gray, 1837
- Mimon bennettii Gray, 1838
Abreviatura
[editar | editar a fonte]As abreviaturas Bennet e E. T. Bennet empréganse para indicar a Edward Turner Bennett como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bo Beolens, Michael Watkins, Michael Grayson. The Eponym Dictionary of Mammals. Ed. JHU Press, 2009. ISBN 0-8018-9304-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bennett, Edward Turner (1797-1836), zoologist no Dictionary of National Biography.