Edwin Nicholas Arnold
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1940 Reino Unido |
Morte | 23 de setembro de 2023 (82 anos) |
País de nacionalidade | británica |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía, Herpetoloxía e curadoria (pt) |
Ocupación | herpetólogo |
Empregador | Museo de Historia Natural de Londres |
Edwin Nicholas "Nick" Arnold, nado o 16 de outubro de 1940 e finado o 23 de setembro de 2023,[1][2] foi un herpetólogo británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ex conservador de herpetoloxía no Museo de Historia Natural de Londres, Arnold fixo achegas fundamentais á herpetoloxía de Europa e de África do Norte, especialmente en xecos e en lagartos da familia dos lacértidos.
Descubriu e describiu 36 especies e 4 subespecies de réptiles,[3] e atribúeselle tamén a descrición de Australolacerta australis.[4][5]
Escribiu A Field Guide to the Reptiles and Amphibians of Britain and Europe, da que se publicaron varias edicións.[6]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- 1973. "Relationships of the Palearctic lizards assigned to the genera Lacerta, Algyroides and Psammodromus (Reptilia: Lacertidae)". Bulletin of the British Museum (Natural History), Zoology 25: 289-366.
- 1978. A Field Guide to Reptiles and Amphibians of Britain and Europe. (Ilustrado por D. W. Ovenden). Londres: Collins. ISBN 0-0021-9318-3.
- 1989. "Towards a phylogeny and biogeography of the Lacertidae: relationships within an old-world family of lizards derived from morphology". Bulletin of the British Museum, Natural History (Zoology) 55 (2): 209-257.
- 2007. "Systematics of the Palearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with decriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1-86. Con Óscar Arribas e Salvador Carranza.
- 2009. "Relationships, evolution and biogeography of Semaphore geckos, Pristurus (Squamata, Sphaerodactylidae) based on morphology". Zootaxa 2060: 1-21.
Honores
[editar | editar a fonte]Polo menos catro especies de réptiles foron nomeadas en honor de Arnold:[3][7]
- Hemidactylus arnoldi Lanza, 1978
- Asaccus arnoldi Simó-Riudalbas, Tarroso, Papenfuss, Al-Sariri & Carranza, 2017
- Mesalina arnoldi Sindaco, Simó-Riudalbas, Sacchi & Carranza, 2018
- Dipsochelys arnoldi Bour, 1982 (Ás veces considerada como unha subespecie de Aldabrachelys gigantea)
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Arnold enprégase para recoñecer a Edwin Nicholas Arnold como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Edwin Nicholas “Nick” Arnold". The Times. 28 de setembro de 2023. Consultado o 28 de setembro de 2023.
- ↑ "Nicholas Arnold obituary". The Times. 6 de outubro de 2023. Consultado o 6 de outubro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Especies de répties descritos por Arnold en The Reptilia Database.
- ↑ Australolacerta australis Arnold, 1989 no GBIF. Consultado o 2 de outubro de 2022.
- ↑ Australolacerta australis Arnold, 1989 na BioLib. Consultada o 2 de outubro de 2022.
- ↑ Lambert, M. R. K. (1978): "[A review of] A Field Guide to the Reptiles and Amphibians of Britain and Europe, by E. N. Arnold and J. A. Burton, illustrated by D.W. Ovenden]. Oryx 14 (4): 428–429.
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Arnold, E. N.", p. 11).