Edwin S. Porter
(1901) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Edwin Stanton Porter 21 de abril de 1870 Connellsville, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 30 de abril de 1941 (71 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Cemitério Kensico (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | director de cinema, guionista, produtor de cinema, director de fotografía, cámara, inventor |
Xénero artístico | Cinema mudo |
Representante | Light Cone |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Edwin Stanton Porter, nado en Connesville (Pensilvania) o 21 de abril de 1870 e finado en Nova York o 30 de abril de 1941 foi un director de cinema estadounidense, pioneiro da historia do cinema.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de ter distintos empregos, comezou a interesarse na electricidade, amosando unha gran capacidade como inventor. Porter chegou ao mundo do cinema en 1896, ano no que se proxectaron comercialmente os primeiros filmes, converténdose en proxeccionista e viaxando por Suramérica facendo demostracións en feiras. Ao volver a Nova York en 1898 atopou traballo no Eden Musée, dependente da Edison Manufacturing Company, no que se dedicaba á montaxe e exhibición de filmes.
Pola creatividade que demostrou neses labores foi contratado directamente pola compañía en 1899, comezando a facer filmes para Edison.
O seu principal filme foi o western The Great Train Robbery, de 1903, que trouxo grandes innovacións, incluíndo un plano dun bandido disparando á cámara.
Entre 1917 e 1925 Porter foi presidente da Precision Machine Company. Tras retirarse, seguiu inventando e deseñando obxectos, logrando varias patentes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edwin S. Porter |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Edwin S. Porter na IMDb (en inglés).