Eej Khad
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Eej Khad, ou Eej Khald (Eej significa "Nai", Khad significa "Pedra"[1]) é unha deusa que recibe adoración baixo a forma dunha pedra granítica localizada en Sergelen Soum a 50 quilómetros de Ulán Bátor, Mongolia.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta deusa encarna a fertilidade[2], debido a que é antropomorfolito (rocha con forma humana). Está situada en plena estepa mongol, dentro dun modesto santuario de madeira. Mide 2 metros de alto por 4 de ancho e o aspecto antropomorfo fai que sexa adorada pola xente tódolos días do ano, ofrecéndolle galletas, caramelos e vodka da marca "Chinghis Khan"(nome en mongol de Xenxis Khan).
Está vestida como unha muller nativa cun amplo saial de cor crema e panos votivos(khatags de seda ó estilo mongol), algúns poñen billetes no cinto da deusa e logo a tocan coas mans ou coa fronte e piden desexos concretos. O santuario de Eej Khald foi construído a principios do século XX para distinguila dos ovó(montículos de pedras como os milladoiros en Galicia). Os soviéticos tentaron destruír o seu santuario e á mesma rocha sen ningún éxito[Cómpre referencia].
O culto asóciase a outras litolatrías polo mundo adiante e outras épocas, como as pedras Bal-Bal de Kirguizistán, o betilo de Cibeles, as pedras "tiki" de Polinesia, as inukshuk dos inuit no Ártico,a Pedra Negra da Kaaba, o Irminsul dos saxóns, as pedras casadas (Meoto Iwa) dos xaponeses e moitos penedos de Galicia relacionados aínda hoxe con santuarios (Torre da Moa en Corme, a pedra das serpes en Gondomil, a barca da Virxe en Muxía, a cama de pedra de San Xiao no Monte Aloia ou Pena dos Namorados en Ponteareas).