Saltar ao contido

Efecto Coandă

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O efecto Coandă demostrado cunha culler e un chorro de auga.
O efecto Coandă sostendo unha bóla no aire.

O efecto Coandă é o fenómeno físico procucido en mecánica dos fluídos, no que unha corrente de fluído, gasosa ou líquida, tende a ser atraída por unha superficie veciña a súa traxectoria. O termo foi acuñado por Albert Metral en homenaxe ao enxeñeiro aeronáutico romanés Henri Coandă, que descubriu o efecto no seu prototipo de avión a reacción.[1]

Explicación

[editar | editar a fonte]

Ao verter algo sólido nunha superficie curva, como un cilindro, rebotará cara a un lado; o cilindro, polo principio de acción-reacción, tenderá a ir cara ao outro lado. Mais ao verter un líquido, debido á súa viscosidade, tenderá a "pegarse á superficie curva". O fluído sairá en dirección oposta. Neste caso, o fluído será atraído cara ao cilindro.

Representación do efecto Coandă.
Representación do efecto Coandă.

Imaxinando o líquido que cae como miles de capas de auga, as capas que tocan o cilindro pegaranse. As capas contiguas, polo rozamento, pegaranse a esta e desviaranse un pouco. As seguintes capas, igualmente, desviaranse algo máis.

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

O efecto Coandă foi descuberto en 1910 por Coandă (1885-1972), que se interesou no fenómeno despois de destruír un prototipo de aeroplano desenvolvido por el, o (Coandă-1910). Tras observar como as chamas e os gases queimados que saían dos motores se aproximaban á fuselaxe,[1] Coandă notou que un fluído tende a seguir o contorno da superficie sobre a que incide, se a curvatura desta, ou o ángulo de incidencia do fluído coa superficie, non son demasiado acentuados.

Efecto Coandă no mundo das carreiras

[editar | editar a fonte]

No automobilismo, e en especial na Fórmula 1, este efecto utilízase para canalizar o fluxo de aire onde se desexe en certas partes do chasis do monopraza sen ter que deflectalo en demasía, evitando gran resistencia aerodinámica.

  1. 1,0 1,1 Aeronautics Learning Laboratory for Science Technology and Research (ALLSTAR) Arquivado 24 de febreiro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]