Saltar ao contido

Efecto do falso consenso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O efecto do falso consenso é un concepto empregado en psicoloxía consisente nun rumbo cognitivo polo que unha serie de individuos tenden a sobreestimar o grao de acordo que os demais teñen con eles.

Características

[editar | editar a fonte]

As persoas tenden a presupor que as súas propias opinións, crenzas, valores e hábitos están entre as máis elixidas, apoiadas amplamente pola maioría. Esta crenza é un rumbo que esaxera a confianza dos individuos nas súas propias opinións, aínda cando estas sexan erróneas.

Frecuentemente este rumbo aparece en grupos de opinión nos que a opinión colectiva é a mesma que a dos individuos do grupo. Como os membros do grupo alcanzaron un consenso interno e raramente atopan alguén que dispute ese consenso, tenden a crer que todo o mundo, incluíndo as persoas que están fóra do grupo, é da mesma opinión que o grupo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]