Efialtes de Tesalia
Nome orixinal | (grc) Ἐφιάλτης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VI a. C. Trachis, Malida (en) |
Morte | 480 a. C. Tesalia, Grecia |
Actividade | |
Ocupación | labrego |
Familia | |
Pai | Euridemo de Malis |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Granat |
Efialtes (en grego Εφιάλτης, lit. "pesadelo"[1]) era o fillo de Euridemo de Mélide e orixinario de Traquis, en Tesalia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traizoou ao rei espartano Leónidas en -480, axudando ao rei persa Xerxes I a atopar outra ruta alternativa ao paso das Termópilas[2]. Isto permitiu aos persas derrotar ao pequeno grupo de defensores espartanos, do cal só sobreviviron dous.
Os motivos que o impulsaron á traizón dos espartanos descoñécense. Efialtes esperaba ser recompensado polos persas, pero terminou por non obter nada cando estes foron derrotados na Batalla de Salamina. Efialtes fuxiu entón a Tesalia, cunha recompensa pendendo sobre a súa cabeza. Segundo Heródoto foi morto, aparentemente por outro motivo, por Atenades de Traquinia, sobre o -479.
No cine e a literatura
[editar | editar a fonte]Na película The 300 Spartans (tamén coñecida como O león de Esparta, Os 300 heroes e Os 300 espartanos), de 1962, Efialtes aparece como o solitario dono dunha granxa de cabras preto das Termópilas. Traizoa ao seu rei Leónidas por un feudo.
Tanto na película 300 como no cómic do mesmo nome, Efialtes é representado como un chepudo deforme que tivo que deixar Esparta para non morrer no seu nacemento. Leónidas rexeita incorporalo no seu exército debido a que, ao non poder soster o escudo correctamente, a súa presenza podería pór en perigo a falanxe. Profundamente doído, Efialtes termina traizoando a Leónidas cando Xerxes lle ofrece o respecto e a aceptación que xamais recibiu por parte dos espartanos[3][4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pierre Chantraine. "Εφιάλτης". Dictionnaire étymologique de la Lange Grecque. Klincksiek.
- ↑ -465.
- ↑ 300. Cómic realizado por Frank Miller. 1998. ISBN 1-56971-402-9.
- ↑ 300 Película. Dirixida por Zack Snyder.