Einés de Roma
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Agnes Romana ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século III ![]() Roma, Italia ![]() |
Morte | século IV ![]() Roma, Italia ![]() |
Causa da morte | decapitación ![]() |
Lugar de sepultura | basílica de Santa Einés Extramuros ![]() |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Cristianismo ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 21 de xaneiro ![]() |
Símbolo iconográfico | Año, palma do martirio e espada ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Agnes, St. Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Einés de Roma[1], máis coñecida como Santa Einés, coa variante Inés[1], foi unha virxe romana, que sufriu o martirio, durante a persecución de Diocleciano, no ano 304. Xunto con Santa Icía, é unha das mártires máis populares.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo as Actas dos mártires, Einés era unha bela moza proveniente dunha nobre familia romana. Tivo varios pretendentes, aos que rexeitou por declararse fiel amante de Cristo. Entre eles contábase o fillo do prefecto de Roma, quen a denunciou ao seu pai por ser cristiá. Naqueles tempos, os cristiáns atopábanse baixo a persecución de Diocleciano e condenábaselles coa morte se se negaban a santificar aos deuses romanos.
Foi xulgada e sentenciada a vivir nun prostíbulo onde, milagrosamente, permaneceu virxe. Segundo as Actas do seu martirio, aínda que foi exposta espida, os cabelos crecíanlle de maneira que tapaban o seu corpo. O único home que tentou abusar dela quedou cego, pero Inés curouno a través das súas pregarias. Máis tarde foi condenada á morte, e, cando ía ser degolada, o verdugo tentou que abxurase, pero non o conseguiu.
Foi sepultada na Vía Nomentana. Poucos días despois da súa morte atopouse coa súa mellor amiga e irmá de leite, unha moza da súa idade chamada Santa Emerenciana, rezando xunto á tumba; cando Santa Emerenciana increpou aos romanos por matar á súa amiga, foi morta a pedradas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.