Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci
Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci | |
---|---|
Título orixinal | Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci, Leonardo da Vinci, A Memory of His Childhood e Leonardo da Vinci: a Psychosexual Study of an Infantile Reminiscence |
Autor/a | Sigmund Freud |
Lingua | lingua alemá |
Tema(s) | Leonardo da Vinci |
Data de pub. | 1910 e 1911 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci (en galego Un recordo infantil de Leonardo da Vinci) é unha obra de Sigmund Freud de 1910. Trátase da aplicación dos métodos da psicanálise clínica ó estudo biográfico de personaxes históricos. O presente traballo sobre Leonardo da Vinci foi a última incursión a grande escala de Freud no campo da biografía debido ó recibimento de desaprobación posterior.[1]
Contido
[editar | editar a fonte]Na obra desempeña un papel fundamental o recordo ou fantasía de infancia de Leonardo de ser visitado no seu berce por unha ave de presa introducíndolle a cola na súa boca. Diso deriva precisamente o maior defecto da incursión de Freud: a tradución errónea do termo orixinal miñato por voitre.[2] De aí abandonarase a idea do paxaro oculto no cadro Santa Ana, A Virxe e o Neno, así como o nexo co xeroglífico correspondente á palabra exipcia nai, dado que en ámbolos casos se alúde a un voitre e non ó miñato do caderno de anotacións de Leonardo.[3]
Con todo, considérase que o erro de Freud non afecta á esencia do estudo debido ás seguintes consideracións:[2]
- A detallista reconstrución da vida emocional de Leonardo da Vinci a partir dos seus primeiros anos.
- A descrición do conflito entre os seus impulsos artísticos e científicos.
- A profunda análise da súa historia psicosexual.
Engadíndose colateralmente diversas temáticas de considerable importancia:[2]
- Unha análise máis xeneralizada da natureza e operacións anímicas do artista creador.
- Un trazado inicial da orixe dun dos tipos de homosexualidade.
- A primeira exposición completa do concepto de narcisismo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Freud, Sigmund. Obras completas de Sigmund Freud. Volume XI - Cinco conferencias sobre Psicanálises, Un recordo infantil de Leonardo da Vinci, e outras obras (1910). 2. Un recordo infantil de Leonardo da Vinci (1910). Tradución José Luís Etcheverry. Buenos Aires & Madrid: Amorrortu editores. ISBN 978-950-518-587-0.