Ekipo Ja
Aparencia
![]() | Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Ekipo Ja | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ekipo Ja |
Director | Juan Antonio Muñoz |
Produtor | Antonio Rueda Teddy Villalba |
Guión | Claro García Luis Lázaro Juan Muñoz Cristóbal Ruiz |
Intérpretes | Juan Antonio Muñoz Arévalo Enrique Villén Silvia Gambino Blanca Jara José Carabias |
Fotografía | Tote Trenas |
Montaxe | Miguel Ángel Santamaría |
Estrea | 2007 |
Orixe | España |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Ekipo Ja é unha película española de 2007, dirixida por Juan Antonio Muñoz.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O Ekipo Ja é un grupo de xitanos moi peculiar dirixido por Juan de Dios, que non sabe que posúe un selo capaz de facer que se cumpran os desexos de quen o teña. A complicación vén cando aparece unha estraña millonaria, coñecida como "a Marquesa", que pretende facerse co selo. Para acadar o obxecto, conta coa compaña dun traficante italiano asociado coa mafia rusa. Mais a misión non resulta fácil debido á capacidade do Ekipo para complicalo todo.
Elenco
[editar | editar a fonte]Actor | Papel |
---|---|
Juan Antonio Muñoz | Juan de Dios |
José Carabias | El Papa |
Arévalo | Tío Matías |
Enrique Villén | Gamero |
Silvia Gambino | Marquesa |
Blanca Jara | Fedora |