Ekran
Ekran (Экран en ruso, significando pantalla), tamén coñecida como Stationar-T e polo código de artigo 11F647, foi unha familia de satélites de comunicacións xeoestacionarios soviéticos.[1][2]
Os satélites Ekran formaron o primeiro sistema de satélites xeostacionarios soviéticos e puxeron en marcha o primeiro servizo en todo o mundo de emisión de televisión por satélite directa ó fogar, proporcionando sinal de televisión en cor a Siberia e ó norte distante. En total lanzáronse 21 satélites da familia Ekran entre 1976 e 1988, todos mediante foguetes Proton e desde o cosmódromo de Baikonur, con catro fracasos.[1][2]
Os deseños preliminares contemplaban o uso de enerxía nuclear para alimentar os satélites e un foguete de elevación da órbita alimentado por hidracina e fluorina, pero este deseño foi desestimado cara 1973 pola complexidade técnica e os riscos asociados. O deseño final, que usaba o bus KAUR-3, alimentábase mediante enerxía solar fotovoltaica e usaba un foguete de elevación ata a órbita xeoestacionaria Block DM alimentado por oxíxeno líquido e queroseno. Estabilizábase nos tres eixos cunha precisión de 0,25 graos grazas a uns pequenos motores de corrección. O sistema de regulación térmica usaba un mecanismo activo de cambio de fase de líquido a gas e os paneis solares medían 25 m² e proporcionaban unha potencia de 1280 vatios.[1][2]
Tras os primeiros lanzamentos, o sistema foi declarado operativo en 1980.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
26 de outubro de 1976 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 1 (Ekran 11L) | Éxito | Primeiro voo dun Ekran. |
20 de setembro de 1977 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 2 (Ekran 12L) | Éxito | |
27 de maio de 1978 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 3a (Ekran 13L) | Fallo | Fallo da primeira etapa do foguete Proton durante o lanzamento. |
17 de agosto de 1978 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 3b (Ekran 15L) | Fallo | Fallo da primeira etapa do foguete Proton durante o lanzamento. |
17 de outubro de 1978 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 3c (Ekran 14L) | Fallo | Explosión da segunda etapa do foguete Proton durante o lanzamento. |
21 de febreiro de 1979 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 3 (Ekran 16L) | Éxito | |
3 de outubro de 1979 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 4 (Ekran 17L) | Éxito | |
14 de xullo de 1980 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 5 (Ekran 19L) | Éxito | |
26 de febreiro de 1980 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 6 (Ekran 20L) | Éxito | |
25 de xuño de 1981 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 7 (Ekran 21L) | Éxito | |
5 de febreiro de 1982 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 8 (Ekran 22L) | Éxito | |
22 de xullo de 1982 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 9a (Ekran 23L) | Fallo | Fallo da primeira etapa do foguete Proton durante o lanzamento. |
16 de setembro de 1982 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 9 (Ekran 24L) | Éxito | |
12 de marzo de 1983 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 10 (Ekran 18L) | Éxito | |
29 de setembro de 1983 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 11 (Ekran 25L) | Éxito | |
16 de marzo de 1984 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 12 (Ekran 26L) | Éxito | |
24 de agosto de 1984 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 13 (Ekran 27L) | Éxito | |
22 de marzo de 1984 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 14 (Ekran 28L) | Éxito | |
24 de maio de 1986 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 15 (Ekran 30L) | Éxito | |
3 de setembro de 1987 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 16 (Ekran 29L) | Éxito | |
6 de maio de 1988 | Cosmódromo de Baikonur | Ekran 17 (Ekran 31L) | Éxito | Último voo dun Ekran |