Saltar ao contido

Ekran-M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ekran-M 2»)

Ekran-M (Ekran de Экран en ruso, significando pantalla), tamén coñecida polo código de artigo 11F647M, foi unha familia de satélites de comunicacións xeoestacionarios soviéticos continuación da seria Ekran orixinal.[1][2]

Os satélites Ekran-M eran satélites Ekran mellorados e actualizados e empezaron a porse en funcionamento a partir da segunda metade da década dos anos 1980. Tódolos satélites Ekran-M foron posicionados cerca dos 99 graos leste para transmitir directamente a fogares na frecuencia de 0,7 GHz cunha potencia de 200 vatios. En total lanzáronse 6 satélites da familia Ekran-M entre 1987 e 2001, todos mediante foguetes Proton e desde o cosmódromo de Baikonur e exitosos salvo un fracaso total e un éxito parcial (que foi denominado Kosmos 1817).[1][2]

Os Ekran-M pesaban unhas dúas toneladas e levaban dous transpondedores. Os paneis solares eran maiores e xeraban 1,8 kW de potencia.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
30 de xaneiro de 1987 Cosmódromo de Baikonur Ekran-M 11L (Kosmos 1817) Éxito parcial Primeiro voo dun Ekran-M. A última etapa do foguete non entrou en ignición, co que o satélite quedou en órbita baixa.
27 de decembro de 1987 Cosmódromo de Baikonur Ekran-M 1 (Ekran-M 13L) Éxito
10 de decembro de 1988 Cosmódromo de Baikonur Ekran-M 2 (Ekran-M 12L) Éxito
9 de agosto de 1990 Cosmódromo de Baikonur Ekran-M 14L Fallo Fallo da terceira etapa do foguete Proton.
30 de outubro de 1992 Cosmódromo de Baikonur Ekran-M 3 (Ekran-M 15L) Éxito
7 de abril de 2001 Cosmódromo de Baikonur Ekran-M 4 (Ekran-M 18L) Éxito Último voo dun Ekran-M
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2011). "Ekran-M" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Ekran-M (11F647M)" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]