Saltar ao contido

Eksperimentet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eksperimentet
Ficha técnica
Título orixinalEksperimentet
DirectorLouise Friedberg[1]
ProdutorSigne Leick Jensen
Birgitte Skov[1][2]
GuiónMaj Rørbæk Damgaard
Louise Friedberg
Rikke De Fine Licht[1][2]
IntérpretesEllen Hillingsø
Nukaaka Coster-Waldau[1]
MúsicaOla Kvernberg[1]
FotografíaMagnus Nordenhof Jønck[1]
MontaxeMartin Schade[1]
DistribuidoraSandrew Metronome Filmdistribution A/S[1]
EstreaGrenlandia 28 de agosto de 2010
Dinamarca 9 de setembro de 2010[2][3][4]
Duración93 minutos
OrixeDinamarca Dinamarca
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt1525830 Filmaffinity: 801693 Allmovie: v538770 Editar o valor en Wikidata

Eksperimentet é un filme dinamarqués de 2010 escrito e dirixido por Louise Friedberg, e protagonizado por Ellen Hillingsø.[1] Estreouse o 28 de agosto de 2010 no Centro Cultural Katuaq de Nuuk, a capital de Groenlandia.[3][4] En Dinamarca estreouse o 9 de setembro de 2010.[2]

O filme trata do experimento dos pequenos dinamarqueses, experimento social da década de 1950 e o problema do xenocidio cultural en Groenlandia. En 1951 as autoridades coloniais dinamarquesas sacaron das súas casas 22 nenos inuit groenlandeses (9 nenas e 13 nenos), con dubidoso consentimento dos seus pais ou titores, trasladándoos a Dinamarca para a súa adopción e reeducación.[4] Os nenos seleccionados, con idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos,[5] procedían de familias desfavorecidas; o goberno quería a súa adopción para integralos na sociedade dinamarquesa "moderna" co obxectivo de transformar os nenos en "pequenos dinamarqueses".[6][4][5]

Os nenos sobreviventes perderon a súa lingua nativa e a súa cultura, e sufriron o trauma psicolóxico de ser separados das súas familias a maior parte da súa vida.[5][7] Algúns dos nenos foron devoltos a Groenlandia despois dun ano, onde foron levados a un orfanato en Nuuk, no canto de ser devoltos ás súas familias. Outros quedaron en Dinamarca o resto das súas vidas.[7] Máis da metade morreron sendo adultos mozos.[6][8]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

O elenco está composto por actores groenlandeses e dinamarqueses:[1][7]

Actor Papel
Ellen Hillingsø enfermeira Gert
Nukâka Coster-Waldau Margrethe
Morten Grunwald Omann
Laura Skaarup Jensen Karen
Kurt Ravn Svendsen
Laura Bro Høgh
Mads Ville Dr. Brandt
Finn Nielsen Møller
Domilia Marianne Singertat Marie
Paniaraq R. Søltoft Ingrid
Najaaraq Margit Davidsen Dorthe
Kristian Falck-Petersen Daniel
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Eksperimentet". Nimbus Film, Official Website. Arquivado dende o orixinal o 2011-07-19. Consultado o 28 de agosto de 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Fakta om film". Danish Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2010. Consultado o 30 de agosto de 2010. 
  3. 3,0 3,1 "Verdenspremiere på 'Eksperimentet'". Kalaallit Nunaata Radioa (en dinamarqués). 28 de agosto de 2010. Consultado o 1 de setembro de 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Premiere på 'Eksperimentet'". Sermitsiaq (en Danish). 27 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 2010-08-29. Consultado o 1 de setembro de 2010. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Anmeldelse: Stærk og rørende film". Sermitsiaq (en dinamarqués). 29 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 2010-09-19. Consultado o 29 de agosto de 2010. 
  6. 6,0 6,1 "No apology from Denmark". The Copenhagen Post. 20 de agosto de 2009. Consultado o 28 de agosto de 2010. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Eksperimentet vises i september". Kalaallit Nunaata Radioa (en Danish). 22 de xullo de 2010. Consultado o 28 de agosto de 2010. 
  8. "Greenland demands apology for Danish child experiments". IceNews. 14 de agosto de 2009. Consultado o 30 de agosto de 2010.