Saltar ao contido

Elías Rodríguez Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElías Rodríguez Iglesias
Biografía
NacementoOs Peares, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, xornalista Editar o valor en Wikidata

Elías Rodríguez Iglesias, nado nos Peares, foi un poeta e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba sendo mozo. Colaborou en Eco de Galicia e Heraldo de Galicia. En 1921 retornou a España e foi soldado en Marrocos na guerra do Rif, desde onde escribiu crónicas para Eco de Galicia.[1] Foi nomeado vixilante de segunda clase en Lugo en 1927,[2] e despois foi axente de vixilancia da Comisaría de Ourense, cesando no cargo en maio de 1931.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi axente comercial instalado no barrio da Ponte. Colaborou en La Región e foi secretario da Agrupación Sindical de Veteranos y Accidentados del Trabajo (ASVAT).[4] En 1968 obtivo o segundo premio en castelán nos Xogos florais de Vilagarcía de Arousa.[5][6]

  1. Eco de Galicia, 6-11-1921, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 28-1-1927, p. 8.
  3. La Región, 5-5-1931, p. 8.
  4. La Región, 20-7-1968, p. 5.
  5. La Voz de Galicia, 11-8-1961, p. 9.
  6. "El poeta Elías Rodríguez". El Pueblo Gallego. 25 de agosto de 1968. p. 20.