El Adalid
- Non confundir con El Adalid (Madrid 1891-1896).
El Adalid | |
---|---|
Fundación | 1873 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Adalid foi un periódico editado na Coruña en 1873.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu a principios de 1873 como voceiro do republicanismo federal da Coruña. Estaba dirixido por Joaquín Castro Arias, que cesou aos poucos meses. Entre os seus colaboradores figurou Romualdo Real Vázquez. Creouse co obxectivo de contrarrestar a influencia da AIT entre as clases populares galegas, tradicionalmente orientadas ao republicanismo federal. Subtitulouse Órgano del Cantón galaico e promoveu a insurrección popular para alcanzar a independencia do cantón galaico, secundando o movemento cantonalista. O 14 de outubro cambiou o seu subtítulo por Diario republicano democrático federal e volveu facerse cargo da dirección Joaquín Castro Arias.[1] Cesou en novembro e foi substituído por El Siglo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Adalid, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Adalid, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.