El Alcance (Santiago de Compostela)
El Alcance | |
---|---|
![]() ![]() | |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Alcance foi un xornal editado en Santiago de Compostela de 1892 a 1898.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario católico, independiente, telegráfico. Defensor de los intereses morales y económicos de Galicia, apareceu a principios de decembro de 1892.[1] Fundado e dirixido por Antonio Fernández Tafall, editábase con censura eclesiástica. Os xoves publicaba o suplemento cultural Los Jueves de El Alcance. Editou un monográfico sobre Alfredo Brañas (1 de xuño de 1893), no que apareceron artigos de Manuel Murguía e Salvador Cabeza de León, e o discurso de Brañas pronunciado nos Xogos florais de Barcelona.
Segunda etapa
[editar | editar a fonte]Apareceu o 3 de febreiro de 1897, coa mesma tendencia católica e rexionalista conservadora. Foron os seus redactores Alfredo Brañas, Francisco Romero Blanco e Salvador Cabeza de León.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Lucense, 5-12-1892, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Alcance, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández Pulpeiro, Juan Carlos (1981). Apuntes para la historia de la prensa del siglo XIX en Galicia. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-082-5.
- Molina Sánchez, César Antonio (1989). Prensa literaria en Galicia (1809-1920). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-395-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. pp. 35–36. ISBN 84-8288-137-X.