El Censor (Betanzos)
El Censor | |
---|---|
Fundación | 1883 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Betanzos |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Censor foi un periódico editado en Betanzos entre 1883 e 1884.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico semanal de intereses materiales, noticias y anuncios, apareceu en outubro de 1883. Semanario liberal. Foi dirixido por Roque Ponte Peña ata 1884, e despois por Severo Ares Mancera. Na redacción figuraban Manuel Martínez Teijeiro, Justo Contas Illá e Manuel Vaamonde Ponte. Colaboraron Fernando García Acuña, Constantino Ares e Manuel Martínez Santiso, que publicou os primeiros capítulos da súa Historia de Betanzos. Incluía as seccións “Notas” e “Variedades”, e artigos sobre música, teatro, literatura en castelán e poemas en galego. Máis exemplos de produción literaria son “Charada” e os apartados “Dimes y Diretes” e “Recortes”, nos que se critican ironicamente, comportamentos típicos da época. Cesou a súa edición en febreiro de 1884.
O seu director Roque Ponte Peña editou en 1886 o periódico La Libertad.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Censor, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 602. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 101. ISBN 84-8288-137-X.