El Danzante
Aparencia
El Danzante | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Danzante foi un semanario editado na Coruña de 1879 a 1889.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico político e Periódico satírico político, apareceu en xuño de 1879.[1] Fundado e dirixido por Romualdo Real Vázquez. Publicaba caricaturas. Defendeu os ideais republicanos. A partir de xuño de 1886 iniciou unha segunda época. Estivo dirixido por Leonardo Mármol Fernández. Entre os seus colaboradores figurou Manuel Casás Fernández, que chegou a ser director interino.[2] Aínda se publicaba en novembro de 1889.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Danzante, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 215. ISBN 84-7492-489-8.