El Eco Coruñés
Aparencia
El Eco Coruñés | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco Coruñés foi un xornal editado na Coruña de 1865 a 1866.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario de noticias e intereses materiales apareceu o 15 de novembro de 1865. Publicábase diariamente na tipografía de Castor Míguez. Estaba dirixido por Ramón Barros Sivelo e Froilán Salazar supervisaba o equipo de redacción. Publicaba noticias económicas, de carácter xeral, artigos de sociedade, e políticos, como o apoio a Unión Liberal. Cesou a súa edición en febreiro de 1866.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eco Coruñés, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Eco Coruñés, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.