El Eco de Cuntis
El Eco de Cuntis | |
---|---|
Fundación | 1932 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Cuntis |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco de Cuntis foi un periódico editado en Cuntis en 1932.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Defensor de los intereses de la comarca, apareceu o 14 de agosto de 1932. Era un periódico quincenal. Estaba dirixido por Emilio Dopazo Pérez, que foi substituído por José Arca Rivas dende o número 3, de 11 de setembro.[1] O redactor xefe era Isaac Torres Campos e os redactores Juan Paz Sueiro, Antonio Iglesias Ares e Figaro de Madrid. Entre os colaboradores figuran Alfredo García Ramos, Roberto Blanco Torres, Cándido Porto, José Ameijeiras, José Barros Calvo e Elisardo Graña García; e Roberto Ameijeiras e José Sanmartín Soto (natural da Estrada e crego na parroquia de Ortoño), no eido artístico. O último número conservado é o 6, que se publicou o 26 de outubro de 1932.
Imprimíase na imprenta La Popular, que estaba na rúa Charino 7 en Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Cuntis, 11-9-1932, p. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eco de Cuntis, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Eco de Cuntis, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Pazos Touriño, Belén; Pena Búa, Pilar (2000). "A prensa en Cuntis, El Eco de Cuntis". A Taboada (Asociación Cultural A Cabana, Asociación Cultural O Meigallo) (0-1).
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.