El Eco de Galicia (A Coruña)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Eco de Galicia.
El Eco de Galicia | |
---|---|
Localidade | A Coruña |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco de Galicia foi un periódico editado na Coruña entre 1904 e 1916.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario católico é independiente. Cambiou o subtítulo o 10 de marzo de 1909 polo de Diario católico, independiente y de información, dende o 4 de novembro de 1910 pasou a Diario católico, e dende o 6 de xaneiro de 1915 saíu sen subtítulo. Estivo dirixido por Eugenio Zabala, despois polo sacerdote José Gómez Martínez (Zenitram) (entre 1908 e 1913) e por Antonio Valcárcel López (de 1914 a 1916). Entre os seus redactores figurou José Toubes Pego. Era a voz do Arcebispo de Santiago José María Martín de Herrera. Desapareceu cun incendio en agosto de 1916. Foi continuado por El Ideal Gallego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.