El Eco de Galicia (Lugo)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Eco de Galicia.
El Eco de Galicia | |
---|---|
Fundación | 1872 |
Remata | 31 de decembro de 1898 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Lugo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco de Galicia foi un periódico editado en Lugo entre 1872 e 1898.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico político, apareceu o 1 de agosto de 1872. Foi unha publicación trisemanal fundada por Manuel Vázquez de Parga. Estivo dirixido por Nicandro García Taboada, Antonio Villamarín, Ramón Iglesias Camino, Lorenzo Gómez Quintero (dende o 20 de maio de 1891), Víctor Castro Soto (1892-1898), Emilio Tapia Rivas (dende xaneiro de 1898) e o fundador. No equipo de redacción estiveron, entre outros, José María Castro Bolaño e Teolindo María Romero.[1]
Interrompeu a súa publicación en 1875 e reapareceu en 1882. Comezou a súa terceira etapa en 1891.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eco de Galicia, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.