El Eco de Marín
Aparencia
El Eco de Marín | |
---|---|
Localidade | Marín |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco de Marín foi un semanario editado en Marín entre 1897 e 1914.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Periódico fundado por Sabas Catá en 1897, quen foi tamén o seu director. En 1900 pasou a denominarse El Eco Marinense, en 1902 El Marinense, Semanario de intereses generales, en 1909 Nuevo Marín e en 1912 recupero a cabeceira orixinal volvendo chamarse El Eco de Marín. Foi un periódico de tendencia liberal e na última etapa republicana. Publicou traballos de carácter comercial ou marítimo, novas de información xeral, e algún folletín. En galego apareceu a sección "Paliques" asinada por Xesteiro. Entre os seus colaboradores figuraba Lino Gerpe. Cesou a súa edición o 29 de marzo de 1914[1].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 339. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.