Saltar ao contido

El Ejército Español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Ejército Español
Fundación2 de xaneiro de 1888
Rematanovembro de 1928
Lingua(en castelán)
LocalidadeMadrid
Ámbitoestatal
PeriodicidadeDiario (agás domingos e festivosÇ)
editar datos en Wikidata ]

El Ejército Español, foi un xornal publicado en Madrid entre 1888 e 1928.

O xornal, aparecido en 1888, publicou o seu primeiro número o 2 de xaneiro dese ano.[1] Publicabáse diariamente, agás domingos e festivos. De ideoloxía ultraconservadora​,[2] foi nos seus primeiros tempos un órgano de expresión para aqueles sectores do exército que apoiaron as reformas propugnadas polo xeneral Manuel Cassola.​[3]

Cando se produciron os feitos do Cu-Cut, xunto co xornal La Correspondencia Militar, fixo campaña en Madrid para reaccionar contra o nacionalismo catalán.[4]

Tamén tivo frecuentes polémicas con La Correspondencia Militar,[5] outro xornal militar co que chegou a manter a competencia aberta, entre outros temas, porque La Correspondencia Militar defendía á constitución das Xuntas de Defensa, en 1917,[5] mentres El Ejército Español, era abertamente oposto.

En novembro de 1928, fusionouse con La Correspondencia Militar,[1] e este se converteu en voceiro do sector máis ultraconservador.[2]

  1. 1,0 1,1 Pizarroso Quintero, 2001, p. 314.
  2. 2,0 2,1 Navajas Zubeldia, 2001, pp. 74-75
  3. Núñez Florencio, 1990, p. 99
  4. Payne (1968), p. 80
  5. 5,0 5,1 Desvois, 2001, p. 236

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]