El Español
El Español | |
---|---|
Fundación | 7 de outubro de 2015 |
Fundador | Pedro J. Ramírez, María Ramírez, Eduardo Suárez e sen etiquetar |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Madrid |
Na rede | |
http://www.elespanol.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Español é un xornal en liña español[1] lanzado en outubro de 2015 polo xornalista Pedro J. Ramírez, ex director do diario El Mundo.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2014, Pedro J. Ramírez foi destituído do seu cargo de director de El Mundo. Entón embarcouse nun novo proxecto xornalístico[3] coa súa filla, María Ramírez Fernández. O capital obtívose en parte mediante financiamento participativo.[2][3]
O nome do sitio web, El Español, fai referencia, segundo Pedro J. Ramírez, ao diario fundado no século XIX por Blanco White en Londres para defender a liberdade en España.[4]
En agosto de 2016, El Español asinou unha alianza coa web de noticias de Barcelona, Crónica Global.
Liña editorial
[editar | editar a fonte]Este novo medio liberal-conservador completa un panorama dos medios de comunicación españois que sufriu importantes cambios nos últimos anos, con páxinas web de información creadas a miúdo por xornalistas despedidos durante os plans de despedimento levados a cabo polos principais diarios, El País e El Mundo en particular, incluíndo, entre os que se fixeron máis notorios, El Diario, de esquerdas, e El Confidencial, de centro-dereita.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morel, Alexis (15 de outubro de 2015). ""El Español": le nouveau site d'info qui fait trembler le gouvernement Rajoy". France Info (en francés).
- ↑ 2,0 2,1 "El Español". Courrier International (en francés).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Morel, Sandrine (12 de outubro de 2015). "En Espagne, Pedro J. lance un site d’information à gros moyens". Le Monde (en francés).
- ↑ EP (1 de xaneiro de 2015). "Pedro J. anuncia su nuevo diario digital, 'El Español', que estará operativo en otoño". El Confidencial (en castelán).