El Ferrolano
Aparencia
El Ferrolano | |
---|---|
Localidade | Ferrol |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Ferrolano foi un periódico de inclinación provincialista editado en Ferrol en 1846.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico de literatura, apareceu o 10 de febreiro de 1846 como sucesor ou continuador de El Águila. Imprimíao Nicasio Taxonera Marzal.[1] Foron os seus redactores Leandro de Saralegui Fernández, Juan Antonio Lacaci e Benito Vicetto Pérez. Contiña artigos de fondo, sección de literatura, contos, poesía, charadas, gacetiñas e comunicados. Cesou a súa publicación o 31 de marzo dese ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez González, Xurxo (2019). Semblanza de Nicasio Taxonera Marzal (Ferrol, ¿? 1854). cervantes virtual.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.