El Gato
Aparencia
El Gato | |
---|---|
Fundación | abril de 1919 |
Remata | 1921 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Vilalba |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Gato foi un periódico editado en Vilalba entre 1919 e 1921.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Publicación casual, amena e independiente, apareceu en abril de 1919.[1] O seu obxectivo era polemizar con A Xusticia, pois ao lado do título figuraba o debuxo dun gato camiñando detrás dun rato sobre un periódico co título A Xusticia. A redacción e administración estaba na casa de Francisco Cascudo Leiras. José Enríquez Chanot foi un dos seus redactores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Idea Moderna, 26-4-1919, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Gato, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán, José Antonio (2005). "Gato, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.