El Grito Popular
Aparencia
El Grito Popular | |
---|---|
Fundación | 1892 |
Localidade | Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Grito Popular foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1892 e 1893.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario de las clases produtoras, apareceu o 8 de marzo de 1892. Voceiro do Centro Republicano local. Dirixido polo tipógrafo federal José C. Otero. Polémico cos liberais-monteristas e a curia católica, o seu director foi procesado por inxurias ao xuíz de Ribeira en setembro de 1892,[1] e sufriu a prohibición arcebispal en novembro dese ano logo de publicar un artigo do anarquista Anselmo Lorenzo onde se puña en cuestión a infalibilidade papal.[2] Moi influído polas correntes obreiristas, publicou a comezos de 1893 retrincos da obra de Karl Marx Das Kapital, a xeito de folletín. Cesou a súa publicación en agosto de 1893.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Grito Popular, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Palomares Ibáñez, Jesús María (1983). Universidad de Valladolid, ed. "Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (4): 391–430. Consultado o 8 de xullo de 2013.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.