Saltar ao contido

El Kardeciano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Kardeciano
PaísEspaña
LugarFerrol
Lingualingua castelá
Fundación1934
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
editar datos en Wikidata ]

El Kardeciano foi unha revista editada en Ferrol entre 1934 e 1936.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista espírita ferrolana, estaba ligada á Federación Española de Espiritismo. Apareceu en agosto de 1934 como órgano informativo do grupo espiritista “Amor y Caridad”. Estaba dirixido por Rodrigo Sanz e o administrador era Elías López. Na presentación indicaban que o periódico tería periodicidade mensual, aínda que a súa intención era convertelo en quincenal ou semanal. No primeiro número dirixen un saúdo á prensa espiritista. Cesou a súa publicación en 1936.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]