Saltar ao contido

El Noticiero Gallego (1896)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Noticiero Gallego

Editar o valor en Wikidata
Fundación1896
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 2711
editar datos en Wikidata ]

El Noticiero Gallego foi un semanario editado en Pontevedra entre 1896 e 1943.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario destinado a fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio, apareceu en 1891. Foi continuador de El Noticiero Administrativo, El Noticiero (primeira época), El Noticiero de Instrucción Pública e El Noticiero (segunda época). O seu director e propietario era José López Pérez, pero debido ao seu falecemento en outubro de 1896, pasou a dirixilo o seu fillo Bernardo López Suárez. Como os seus antecesores, mantivo dúas seccións principais: unha doutrinal e outra dedicada ás disposicións lexislativas que ían saíndo. Aparecía os luns, pero dende 1897 pasou aos días 4, 11, 18 e 25 de cada mes.

Nun principio publicou en folletíns unha colección titulada "Biblioteca de El Noticiero Gallego", na que apareceu o estudo titulado "Breves nociones de gramática filosófica española", de David Pérez Mandado (primeira entrega, número 149, do 2 de marzo de 1896).

En agosto de 1897 convocou un certame pedagóxico, polo que pasou a subtitularse Semanario destinado a fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio de 1ª Enseñanza y organizador del 3º Certamen Pedagógico Español.

Continuou publicándose despois da Guerra Civil, baixo a dirección e a administración de Eladio Portela Gómez. Na súa última época levaba por subtítulo Revista de primera enseñanza.

O último número coñecido é o 2.381, correspondente ao 11 de maio de 1943.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]