El Orensano (1860)
Aparencia
El Orensano | |
---|---|
Fundación | 1860 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ourense |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Orensano.
El Orensano foi un periódico editado en Ourense entre 1860 e 1865.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico de intereses morales y materiales, apareceu o 15 de outubro de 1860. Saía os días 1, 5, 10, 15, 20 e 25 de cada mes. O fundador e impresor foi Agustín Moldes. Dirixido por Joaquín Gaite Núñez, a partir do 10 de abril de 1861 foi substituído por Robustiano Pérez de Santiago. Entre os seus redactores figuraban Antonio Gaite, Juan Antonio Saco y Arce, Manuel Pereiro Rey e Alejandro Quereizaeta e entre os colaboradores Juan Manuel Paz Novoa. Incluía artigos de fondo, información de Ourense e de Galicia e o folletín Memorias históricas de la Catedral y Obispado de Orense de Juan Muñoz de la Cueva. Cesou a súa publicación o 15 de maio de 1865.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carré Aldao, Eugenio (1928). "Memoria acerca de la imprenta y el periodismo en la provincia de Orense". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (207): 78–80.
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 88–89. ISBN 84-505-5721-6.