El Organillo
Aparencia
El Organillo | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
El Organillo foi un periódico editado en Padrón en 1883.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Quincenario humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño, apareceu no verán de 1883. Despois pasou a titularse Periódico humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño, pasando a publicarse tres veces ao mes. Fundado e dirixido por Pablo Pérez Costanti, imprimíase na Rúa do Vilar, 80 de Santiago de Compostela. Publicaba poesía en castelán na sección "Melomanías", onde apareceron textos de Javier Valcarce Ocampo e Recio Rucio. O último número coñecido é o 8, de 24 de outubro de 1883.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. pp. 362–363. ISBN 84-8288-137-X.