Saltar ao contido

El Pueblo (Valencia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Pueblo

Editar o valor en Wikidata
Fundación1894
FundadorVicente Blasco Ibáñez
Lingualingua castelá
LocalidadeValencia
ISSN2341-4707
Na rede
HemBNE: 0031168426 HemBNE: 30851904 BVPH: 1028831
editar datos en Wikidata ]

El Pueblo foi un periódico español editado en Valencia entre 1894 e 1939. Fundado polo escritor Vicente Blasco Ibáñez, o periódico converteuse no órgano oficial do blasquismo e acabou consolidándose como unha das publicaciçones máis lidas da capital valenciana. Continuou editándose ata o fin da Guerra civil.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario republicano de Valencia, apareceu o 12 de novembro de 1894.[1][2] Fundado por Vicente Blasco Ibáñez, articulouse como órgano de expresión do blasquismo.[3] Rodrigo Soriano, colaborador de Blasco Ibáñez, financiou a publicación.

Mantivo un corte moi político nos seus primeiros anos (coincidindo coa xestión de Vicente Blasco Ibáñez), en 1906 cambiou o deseño e os contidos, con máis información periodística e imaxes e maior atención á actualidade social, aínda que sen perder as súas características republicanas esenciais. Coa ditadura de Primo de Rivera e a censura, abandonou a maior parte do contido político para pasar a dedicar as súas páxinas a cuestións de lecer e entretemento.

Cambiou de titular en 1929, cando foi adquirido por Sigfrido Blasco-Ibáñez (fillo de Vicente Blasco Ibáñez), que se fixo cargo da dirección en substitución de Félix Azzati. Durante a Segunda República o diario vinculuse co lerrouxismo e converteuse no órgano do Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA).[4] Consolidado como un dos diarios máis lidos de Valencia, neste período alcanzou unha difusión de 20.000 exemplares.[5]

Continuou editándose ata a súa desaparición en 1939,[4] cos fin da Guerra civil. As súas instalacións foron incautadas por FET y de las JONS.[6]

  1. Laguna Platero 1999, p. 53.
  2. Smith 1972, p. 14.
  3. Perales 2005, p. 61.
  4. 4,0 4,1 Checa Godoy 1989, p. 307.
  5. Checa Godoy 1989, pp. 149, 307.
  6. de las Heras 2000, p. 25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]