El Sensato
El Sensato | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
ISSN | 1889-8653 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Sensato foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1811 e 1815.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 15 de agosto de 1811. Fundado por José de Bentín (frade dominico) e Francisco Cabrera (cóengo de Santiago), e o seu principal impulsor foi Antonio Javier Álvarez (catedrático de Teoloxía da Universidade). Comezou como posibilista e despois converteuse nun exaltado absolutista. Entre os seus redactores figuraron Bernardo Caamaño (párroco de Caldas de Reis) e Manuel Freire Castrillón. O número tiña xeralmente 16 páxinas (ás veces 20), con foliación seguida. Nalgún momento foi bisemanal (mércores e sábados), e saíu da imprenta de Juan Francisco Montero, pero tamén foi impreso na de Juan María de Pazos.
Dirixido "a los amantes de la religión y del orden", naceu para combater aos liberais, polemizando con El Patriota Compostelano, El Cartel, Gaceta Marcial y Política de Santiago e El Estandarte. Consta das seccións política (que despois denominará crítica), guerra, cortes, noticias, e variedades. Entre os artigos de opinión, destaca Benito María Sotelo de Novoa Niño que escribe os referidos á Constitución; tamén da cabida a artigos comunicados e de oficio, extractos de periódicos e doutros papeis, avisos, cartas de relixiosos e información sobre libros. Aínda se publicaba en xaneiro de 1815.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lorenzana, Salvador (abril - maio - xuño, 1988). "Breve historia da prensa periódica en Galicia". Grial: 210–222. ISSN 0017-4181.