El Tanque (Vigo)
Aparencia
El Tanque | |
---|---|
Localidade | Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Tanque foi un semanario editado en Vigo entre 1922 e 1923.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario político, apareceu o 23 de abril de 1922.[1]. Portavoz oficioso de Rafael Gasset Chinchilla, estaba dirixido por José Carbonell Alsina.[2]. Foi primeiro semanario e despois pasou a bisemanario. Foi suspendido pola autoridade militar a principios de novembro de 1923[3] e o seu director encarcerado, aínda que foi prontamente liberado.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 22-4-1922, p. 3.
- ↑ Algúns autores afirman que tamén estivo dirixido por Javier Soto Valenzuela ("Recorrido a través de la prensa de Vigo" en El Pueblo Gallego, 6-10-1935, p. 39.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 6-11-1923, p. 3.
- ↑ El Progreso, 10-11-1923, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 555. ISBN 84-7492-489-8.