El hijo de la novia
El hijo de la novia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El hijo de la novia |
Director | Juan José Campanella |
Produtor | Adrián Suar |
Guión | Juan José Campanella Fernando Castets |
Intérpretes | Ricardo Darín Héctor Alterio Norma Aleandro Eduardo Blanco Natalia Verbeke |
Música | Ángel Illaramendi |
Fotografía | Daniel Shulman |
Montaxe | Camilo Antolini |
Estudio | Patagonik Film Group Pol-ka |
Distribuidora | Distribution Company Sony Pictures Classics (USA) |
Estrea | 16 de agosto de 2001 |
Duración | 123 minutos |
Orixe | Arxentina |
Xénero | Drama e comedia |
Recadación | 8 597 323 [1] |
Na rede | |
El hijo de la novia é un filme arxentino de 2001 dirixido por Juan José Campanella e escrito por Campanella e Fernando Castets. Os produtores executivos foron Juan Vera e Juan Pablo Galli, e foi producido por Adrián Suar. Está protagonizado por Ricardo Darín, Héctor Alterio, Norma Aleandro, Eduardo Blanco e Natalia Verbeke.[2]
O filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 74ª edición dos premios, e gañou o Cóndor de Prata ó mellor filme.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Rafael Belbedere (Ricardo Darín) é un home que rolda os 30 anos e ó que lle vai mal o negocio do restaurante herdado polo seu pai Nino (Héctor Alterio). Ademais, na súa vida sentimental tampouco lle van ben as cousas, xa que está divorciado. Por todo isto, non lle presta moita atención á súa moza Naty (Natalia Verbeke) e hai moito que non vai a visitar a súa nai Norma, (Norma Aleandro) que padece alzhéimer e está ingresada nunha residencia.
Rafael terá que intentar ver cumprido o vello soño da súa nai, que é casar pola Igrexa, antes de que faleza.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ricardo Darín como Rafael Belvedere
- Héctor Alterio como Nino Belvedere
- Norma Aleandro como Norma Belvedere
- Eduardo Blanco como Juan Carlos
- Natalia Verbeke como Nati
- Gimena Nóbile como Vicki
- David Masajnik como Nacho
- Claudia Fontán como Sandra
- Atilio Pozzobon como Francesco
- Salo Pasik como Daniel
- Humberto Serrano como Padre Mario
- Fabián Arenillas como Sciacalli
- Mónica Cabrera como Carmen
- Giorgio Bellora como Marchiolli
- Mónica Virgilito como enfermeira do hospital
- Adrián Suar como Dodi
- Juan José Campanella como o médico
- Alfredo Alcón como el mesmo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Box Office Mojo". Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ El hijo de la novia en Internet Movie Database.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes da Arxentina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 74ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficialArquivado 15 de setembro de 2020 en Wayback Machine.
- El hijo de la novia na IMDb (en inglés).